Un can mata a dentadas un neno de 18 días en Tenerife

O pastor belga agrediu na cabeza o único fillo da parella

Un can matou este mércores un bebé de dezaoito días ao que mordeu cando estaba cos seus pais nunha leira do municipio tinerfeño de Fasnia, informou a Efe o alcalde da localidade, Damián Pérez.

O suceso produciuse cando a familia, un matrimonio novo, trasladouse á leira e o can, un pastor belga, agrediu na cabeza ao único fillo da parella, explicou o alcalde.

O neno foi trasladado ao centro de saúde de Fasnia, pero ante a ausencia do médico reclamouse a presenza dunha ambulancia para levalo a un hospital.

O alcalde de Fasnia, no sur da illa, engadiu que o can foi capturado por axentes da Garda Civil sen que mostrase agresividade.