sábado. 15.08.2020 |
El tiempo
sábado. 15.08.2020
El tiempo

Carles Puigdemont anuncia un novo partido, que se constituirá o 25 de xullo

Puigdemont, durante unha rolda de prensa en Bruxelas. EFE
Puigdemont, durante unha rolda de prensa en Bruxelas. EFE

O expresidente da Generalitat Carles Puigdemont confirmou este xoves —cun comunicado publicado en redes sociais— a creación dun novo partido sen esperar ao PDECat ante o bloqueo que hai actualmente nas negociacións para a reordenación do espazo de JxCat. Como se prevía, a asemblea de constitución do novo partido, Junts per Catalunya, celebrarase o sábado 25 de xullo. 

O anuncio da creación do novo partido fixérono de forma simultánea o expresidente catalán e varios cargos de JxCat a través das redes, cun manifesto no que convidan a sumarse á nova formación a todos aqueles que queiran "o mellor para o país".

Entre os que asinan o texto figuran os exconsellers presos Jordi Turull, Josep Rull e Joaquim Forn; o exlíder da Assemblea Nacional Catalá Jordi Sànchez, e algúns consellers do actual Govern, como Meritxell Budó e Damià Calvet. 

Sen que ninguén poña en dúbida o liderado de Puigdemont, coa incógnita de se encabezará a lista ás catalás, barállanse posibles nomes para ocupar un posible segundo posto, tendo en conta que sería o candidato efectivo.

Carles Puigdemont anuncia un novo partido, que se constituirá o 25...
comentarios