Carlos Sobera preocupa aos seus fans co seu estado de saúde

O presentador subiu unha fotografía á súa Instagram acompañado dunha descrición que fixo saltar as alarmas

Equipo de 'First Dates', que presenta Carlos Sobera. AEP
photo_camera Equipo de 'First Dates', que presenta Carlos Sobera. AEP

O presentador Carlos Sobera que non para de traballar no seu existoso First Dates de Catro, cada día, e en Volverte a ver, que se emite os venres pola noite en Telecinco, deu un susto aos seus seguidores co seu actual estado de saúde. 

O comunicador subiu á súa conta de Instagram unha fotografía no que empregaba o hashtag do coñecido centro hospitalario de Madrid Ramón y Cajal e un "Recuperándome" como descrición da imaxe. 

A vida do comunicador é un "non parar" e o seu paso polo hospital pode deberse a ese ritmo frenético. 

Os comentarios dos seus preocupados fans non se fixeron esperar e o propio Sobera sacoulles de dúbidas. "Nada de que preocuparse demasiado. ¡Una infección ya superada! Muchas gracias a todos".

 

Recuperandome...#firstdates #cuatro#mediaset #benahavis #playalabarrosa #hospitalramonycajal#volverteaver

Una publicación compartida de Carlos Sobera (@carlossobera) el

Comentarios