Carmena volve á política coa plataforma 'Cuidar la democracia'

Trátase dun espazo de reflexión, non dun partido político, e non aspira a concorrer ás eleccións
Manuela Carmena, en su adios. EMILIO NARANJO
photo_camera Manuela Carmena, no seu adios. EMILIO NARANJO

A exalcaldesa de Madrid Manuela Carmena volve á política cunha nova plataforma, 'Cuidar la democracia', un espazo de reflexión sobre a acción política que "non é un partido político nin aspira a concorrer ás eleccións", informa a Cadena Ser nun artigo que foi retuiteado pola propia Carmena. "A democracia está ameazada polo autoritarismo e a desigualdade: imos coidala. Invito a participar a quen compartides este compromiso", escribe Carmena.

A presentación da plataforma será o próximo 27 de xaneiro. Trátase dun "novo espazo para a reflexión e a acción sobre a xestión política e a democracia do noso país", en palabras da xuíza.

Na invitación á presentación da plataforma inclúense unhas palabras de Carmena, nas que chama a 'Cuidar la democracia' como se coidan os afectos, as amizades, os amores e tamén as institucións, que é a estrutura de paz que permite a vida social, as ilusións e o desenvolvemento persoal". 

A presentación será un diálogo sobre desigualdades e xestión política entre Carmena e a filósofa Adela Cortina. A plataforma política estará formada por profesionais de distintos ámbitos aos que a exalcaldesa invitará a participar. 

Comentarios