O presidente do PP, Pablo Casado, criticou hoxe a TVE pola emisión, esta noite, dunha "vergoñenta" entrevista ao líder de ERC, Oriol Junqueras, no programa Informe Semanal.
TVE avanzou na súa conta de Twitter a emisión da reportaxe "Gretas do 'procés'", no que o presidente de Esquerra Republicana e ex-vicepresidente da Generalitat responde a un cuestionario do programa desde o cárcere de Lledoners, onde se atopa en prisión preventiva.
Tamén a través desta rede social, Casado, escribiu: "Resulta vergoñento que na televisión pública se vaia emitir unha entrevista a un preso implicado no golpe ao Estado que pretendeu dar o independentismo".
O chío do líder do PP finaliza coa pregunta "¿Esta é a televisión que queren?" e coa etiqueta #TVEsinGolpistas.