Casado di que Cospedal "non mentiu" sobre Villarejo e que o PP "non ten nada que temer"

Insiste en que "pasou hai dez anos" e que el ten "absoluta tranquilidade" 

Pablo Casado en un acto con militantes en Huelva. JULIÁN PÉREZ
photo_camera Pablo Casado nun acto con militantes en Huelva. JULIÁN PÉREZ

O presidente do PP nacional, Pablo Casado, asegurou este xoves que mantivo unha conversación coa exsecretaria xeral do seu partido, María Dolores de Cospedal, sobre os audios que transcenderon en relación a conversacións entre ela e o excomisario José Manuel Villarejo, e subliñou que Cospedal, "en todo momento, deu explicacións e non mentiu, que é algo que non poden dicir outras persoas que tamén se reuniron con Villarejo". 

Nun acto en Huelva, e preguntado por este asunto, Casado deixou claro que por parte da dirección nacional "non hai nada que ocultar nin que temer de ningunha revelación que se poida facer". "Non estou seguro de que poidan dicir o mesmo outras executivas nacionais nin os líderes doutros partidos", dixo. 

Respecto diso, deixou claro que "esta estrutura pseudopolicial creouse durante un goberno socialista e desarticulouse durante un goberno do PP", e rexeita "categoricamente o que pasou entre medias". Por todo iso, comprometeuse a que cando sexa presidente do Goberno "nada diso vai volver suceder".

Neste sentido, insistiu en que o seu "único compromiso" é cos afiliados que o elixiron nun proceso aberto de primarias e o mesmo é "de exemplaridade, transparencia e rendición de contas" e calquera conduta, engadiu, que se á parte destes tres preceptos contará co seu "absoluto rexeitamento".  Preguntado por se coñecía máis detalles destas conversacións, concluíu que "isto pasou hai dez anos" e que ten "absoluta tranquilidade". 

Comentarios