Casado lánzase á segunda volta e di que a "integración" chegará tras o congreso 

"Presenteime para gañar e creo que vai todo moi ben", declarou

 

Pablo Casado. JAVIER LIZÓN (EFE)
photo_camera Pablo Casado. JAVIER LIZÓN (EFE)

O candidato á presidencia do PP, Pablo Casado lanzou xa a campaña para a segunda rolda das primarias do partido e gañar a Soraya Sáenz de Santamaría. En declaracións aos medios asegurou que a "integración" chegará despois do Congreso no que se elixirá finalmente ao presidente popular, tal e como dixo que lles pediu o presidente saínte, Mariano Rajoy: unidade "sincera" tras o conclave. 

"Presenteime para gañar e creo que vai todo moi ben", dixo Casado, que este venres participa no Cume de Innovación Tecnolóxica e Economía Circular. 

O candidato ve "lóxico" que se produza a segunda volta tras a primeira votación dos afiliados, que os compromisarios voten no congreso e elixan entre Santamaría e el porque son as normas decididas desde o principio. "Non imos ir a penaltis nin prorroga, pero é bo xogar a segunda parte", deixou claro. 

O líder popular recalcou que non chegou ata aquí "para que nada cambie" e que hai que dar voz aos compromisarios nunha segunda volta, "como pasa nos sistemas presidencialistas máis desenvolvidos do mundo". 

Pablo Casado falou xa cos catro candidatos que non pasaron o primeiro corte destas primarias para convencelos de que se somen ao seu proxecto e empezou a contactar tamén cos líderes territoriais. "A miña candidatura garante a unidade, non se vai a falar de familias, nin correntes nin do pasado. Só de futuro", engadiu. 

Comentarios