Galicia, pechada por estrada desde o venres

Castela e León súmase a Asturias no peche perimetral ► Madrid pide illarse só a ponte
Ayuso, escolatada por García-Page y Mañueco. C. ORTIZ
photo_camera Ayuso, escolatada por García-Page e Mañueco. C. ORTIZ

Os gobernos de Castela e León e Castela-A Mancha decretarán o confinamento perimetral dos seus territorios para previr a expansión dos contagios da covid-19 ata o próximo 9 de novembro, mentres que Madrid pedirá ao Goberno poder pechar por días.

Así o anunciaron a presidenta madrileña Isabel Díaz Ayuso, o castelánleonés Alfonso Fernández Mañueco e o castelánmanchego Emiliano García Page, reunidos en Ávila para abordar esta e outras cuestións relacionadas coa xestión da pandemia. 

Segundo anunciou o presidente da Xunta de Castela e León, o peche perimetral da comunidade comezará o venres, 30 de outubro, a partir das 14 horas. 

O presidente da Xunta anunciou o peche perimetral de Castela e León desde venres 30 a 14 horas ata a finalización do "primeiro período" do estado de alarma, o 9 de novembro a 14.00 horas. 

Galicia, que non limitou por agora os seus movementos cara ao exterior, queda pechada na práctica, con Asturias tamén confinada e Portugal con importantes restricións á mobilidade. Este mércores, a Rexión de Murcia tamén anunciou o seu peche perimetral. 

Comentarios