Catro esmoleiros franceses gañan 50.000 euros cun 'rasca e gana' que lles regalaron

Os catro, duns 30 anos de idade, dividiron o premio a partes iguai
Dinero. PIXABAY
photo_camera Diñeiro. PIXABAY

Catro esmoleiros gañaron esta semana 50.000 euros nun rasca e gana que lles regalou un cidadán de Brest, no norte de Francia, na porta dun estanco no que estaban a pedir esmola.

"Estaban a pedir coa man estendida preto da medianoite cando un cliente que saía do establecemento decidiu doarlles o seu boleto de 1 euro", dixo a empresa pública de apostas e loterías (FDJ) nun comunicado.

A FDJ recalcou a sorpresa desas catro persoas cando descubriron que non gañaran un premio de cinco euros, senón de 50.000.

Os catro, duns 30 anos de idade, dividiron o premio a partes iguais, polo que a cada un recibiu 12.500 euros.

A revista Closer destaca que a súa única prioridade é irse de Brest.

A súa vitoria, con todo, está moi lonxe do premio gordo de 157 millóns de euros, o terceiro máis grande da FDJ, gañado no sorteo dos Euromillóns en Alsacia a principios de setembro por unha parella de 40 anos que protagonizou as portadas de todos os diarios franceses.

Comentarios