Celaá, sobre a xestación subrogada: "O Goberno non a acepta porque é unha compravenda de nenos"

Cs quere que o Executivo rectifique publicamente na súa comparativa co tráfico de órganos 

La portavoz del Gobierno y ministra de Educación, Isabel Celaá. EFE
photo_camera A portavoz do Goberno e ministra de Educación, Isabel Celaá. EFE

A portavoz do Goberno, Isabel Celaá, asegurou este venres que o Executivo "non acepta a xestación subrogada" e sinalou que esta técnica nos parece unha compra-venda de nenos". Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, respondeu así ao ser preguntada sobre se a posición do Executivo coincide coa da ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, quen un día antes comparou a xestación subrogada co tráfico de órganos e de bebés.

A nova titular de Sanidade mostrouse partidaria de que esa práctica, coñecida tamén como "ventre de aluguer", poida ser declarada ilegal no ámbito internacional.

"Este Goberno non acepta a xestación subrogada; é unha compravenda de nenos, como vostede sabe", respondeu a portavoz á pregunta da xornalista.

A xestación subrogada non está regulada en España, pero cada ano chegan entre 700 e 1.000 nenos nacidos por esta técnica procedentes de países onde si está legalizada.

REACCIÓN. Ciudadanos, pola súa banda, rexistrou este venres unha proposición non de lei no Congreso na que pide ao Goberno que declare publicamente "que a xestación subrogada nada ten que ver co tráfico de órganos ou o de menores" e rectifique así as declaracións da ministra de Sanidade. 

Para os 'laranxas', as declaracións de ambas as ministras atentan "gravemente contra a dignidade e o interese superior do menor", así como dos "miles de nenos e nenas españois" que naceron a través desta práctica e que, neste caso, foron equiparados "a órganos obtidos a través de mafias, e a traficantes de órganos e de menores, respectivamente". 

Comentarios