O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) disparou os apoios ao PSOE, que se hoxe se celebrarsen eleccións xerais sería a forza máis votada cun 33,3 por cento dos apoios (3,4 puntos máis que en xaneiro) e a moita distancia do PP, que sobe do cuarto ao segundo posto co 16,7 por cento.
Ciudadanos, pola súa banda, perde a segunda posición e queda en terceiro lugar co 15,3 por cento dos votos, o que supón unha caída de 2,4 puntos con respecto á enquisa de xaneiro.
A sondaxe do CIS realizouse entre o 1 e o 10 de febreiro e o primeiro que se publica tras o anuncio do adianto das eleccións xerais ao 28 de abril que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, comunicou o pasado día 15.
Segundo o "voto directo na enquisa (porcentaxe sobre o voto emitido)", Podemos e as súas confluencias obterían o 14,5 por cento dos apoios, nove décimas menos que hai un mes.
Mentres, Vox tería o 5,9 por cento dos sufraxios -seis décimas menos que en xaneiro-, e con iso sería a quinta forza política, por diante de ERC, que obtería o 3,3 por cento -unha décima máis-.
Desta forma, superaría a formacións como Bildu -co 1 por cento- ou o PNV, ao que o CIS dá o 0,9 por cento dos sufraxios, catro décimas menos que en xaneiro, as mesmas que baixa o PDeCAT ao quedar no 0,7 por cento. Para rematar, Coalición Canaria manteríase cun apoio do 0,2 por cento.