Ciudadanos rompe o pacto co PSOE en Andalucía

A decisión, debatida e aprobada esta tarde pola executiva nacional en Málaga, foi proposta por Marín tras a "falta de vontade" dos socialistas a acceder ás súas propostas

Susana Díaz. EP
photo_camera Susana Díaz. EP

O Comité Executivo Nacional de Ciudadanos decidiu por unanimidade romper o pacto de investidura co PSOE en Andalucía, que permitiu o goberno de Susana Díaz, polos "incumprimentos" do acordo en materia de rexeneración democrática, segundo anunciou hoxe o líder da formación na comunidade, Juan Marín.

A decisión, debatida e aprobada esta tarde pola executiva nacional en Málaga, foi proposta por Marín tras a "falta de vontade" dos socialistas a acceder a propostas como a supresión dos aforamientos, limitar os altos cargos de libre designación, evitar as portas giratorias ou reformar a lei electoral, incluídas no pacto de investidura que asinaron no 2015.

"A señora Díaz e o PSOE esgotaron a paciencia dos andaluces, tamén a de Ciudadanos, dixo Marín, quen entende que foi o PSOE o que "rompeu o acordo de investidura".

Comentarios