Os contaxios dispáranse: 730 en 24 horas, a cifra máis alta desde o estado de alarma

Sanidade informa de que na última semana ingresaron en unidades de coidados intensivos once persoas con Covid-19
Sanitaria saíndo dun hospital de campaña. EFE
photo_camera Hospital de campaña instalado en Lleida tras o rebrote de coronavirus. EFE

O último balance facilitado polo Ministerio de Sanidade mostra un importante repunte dos afectados por coronavirus ao diagnosticarse 730 persoas nas últimas 24 horas. O dato supón un incremento significativo con respecto aos 529 novos contaxios de Covid-19  rexistrados o martes. Trátase, ademais, da cifra máis alta de novos infectados desde o estado de alarma. 

Con estes novos positivos son xa 267.551 as persoas que se infectaron polo novo coronavirus. Así mesmo, ata 5.253 persoas iniciaron síntomas de Covid-19 nas dúas últimas semanas, e 1.631 nos últimos sete días.

Respecto das mortes, o departamento que dirixe Salvador Illa rexistrou 12 mortes con Covid-19 nos últimos sete días, dous máis que o martes, elevándose a cifra total de falecidos desde o inicio da pandemia sitúase nos 28.426. 

Por outra banda, o informe publicado por Sanidade mostra que 11.736 persoas ingresaron nunha Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 11 nos últimos 7 días; e 126.179 precisaron hospitalización, 288 na última semana. 

Comentarios