domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

Cristina Castaño desvela a súa delirante visita cun ex a Versalles tras tomarse "unha substancia"

Cristina Castaño y David Broncano.LA RESISTENCIA
Cristina Castaño y David Broncano.LA RESISTENCIA

A actriz galega tamén deu mostras do seu talento vocal en 'La Resistencia'

A galega Cristina Castaño fixo gala da súa simpatía este martes en La Resistencia, onde desvelou varias anécdotas curiosas, como a peculiar visita que fixo a Versalles cun ex noivo.

A actriz, lanzada á fama polo seu papel de Judith Becker en La que se avecina, empezou contándolle a David Broncano que, cando chegaron aos xardíns, tomaron "unha substancia", non desvelada, e entón perderon a noción do tempo... tanto que pecharon as portas e eles quedaron dentro.

A vilalbesa de nacemento e arousá de adopción tamén deu mostras do seu talento vocal. Aínda que ao principio frouxeou, finalmente Castaño acabou dando todo un recital coa súa interpretación de La puerta de Alcalá. E é que o da boa voz parece virlle de familia. O seu tío, Pepe Domingo Castaño, é todo un exemplo diso. Aquí unha mostra.

Cristina Castaño desvela a súa delirante visita cun ex a Versalles...
comentarios