As críticas obrigan á panadería 'Anne & Frank', en Ámsterdam, a cambiar de nome

O dono xustificou que "Ana Frank é unha heroína para moitas persoas e como o meu negocio se atopa nos arredores da Casa de Ana Frank, pareceume un nome moi bonito e, por suposto, mundialmente coñecido"

Imagen de archivo. EP
photo_camera Imaxe de arquivo. EP

O propietario dunha nova panadería en Ámsterdam, á que chamou Anne & Frank, viuse este luns obrigado a cambiar o nome ao seu negocio logo dun aluvión de críticas nas redes sociais, onde se lle acusou de usar o nome da nena xudía para atraer clientes.

"Ana Frank é unha heroína para moitas persoas e como o meu negocio se atopa nos arredores da Casa de Ana Frank, pareceume un nome moi bonito e, por suposto, mundialmente coñecido", explicou este luns o dono, Roberto, á televisión local de Ámsterdam, AT5.

O propietario, que mantivo o seu apelido no anonimato, asegurou que non se esperaba o "ruído" que creou o nome da súa panadería e anunciou que eliminará este luns mesmo o nome da fachada do negocio.

Segundo explicou, elixiu chamala Anne & Frank "sen ánimo de facer dano a ninguén" e asegurou que, tendo en conta o que a nena tivo que sufrir, porlle o seu nome á súa panadería "era un tribuno bonito".

A panadería está cerca do anexo secreto onde a familia xudía de Frank escondeuse en Ámsterdam durante a Segunda Guerra Mundial e onde a nena escribiu o famoso diario que vendeu millóns de copias en todo o mundo.

Comentarios