Defensa investigará os militares que tomaban cervexas coas armas aos seus pés

A foto, tomada nunha terraza de Vilafranda do Penedès, fíxose viral
Militares, en una terraza tomando unas cervezas. TWITTER
photo_camera Militares, en una terraza tomando unas cervezas. TWITTER

O Ministerio de Defensa investigará ao grupo de militares que estiveron a tomar cervexas, coas armas no chan, nunha terraza dun bar de Vilafranca do Penedès (Barcelona), unha imaxe que se difundiu nas redes sociais ata converterse en viral.

Segundo fontes de Defensa, o obxectivo da investigación é determinar se os militares, uns 70 integrantes dun grupo de lexionarios que regresaban dunhas manobras, cometeron algunha infracción ao consumir alcol, deixando as súas armas aos pés.

Na fotografía, convertida en viral, pódese ver a varios grupos de miliares, cos uniformes correspondentes, bebendo uns botellos de cervexa, mentres ao seu lado, no chan, repousan varias armas longas.

A imaxe, que causou estupefacción entre os veciños de Vilafranca, suscitou numerosos comentarios nas redes sociais: o portavoz de ERC no Congreso, Gabriel Rufián, ironizou coa súa actitude coa frase "seguro que logo da cervexa o rifle automático pesa menos", mentres que a CUP de Vilafranca esixiu que aos militares que se foran da poboación.

Este domingo, no medio da polémica polas detencións dos CDR acusados de terrorismo o pasado 23 de setembro, foi o expresidente catalán Carles Puigdemont quen se sumou ás críticas, cun tuit que afirma: "Esperando a condena por parte dos partidos políticos españois...".

Comentarios