Denunciados catro alumnos de 1º de Eso por abuso sexual a unha compañeira de instituto

Os menores que lle practicaron tocamentos foron expulsados de xeito temporal

IES Leopoldo Queipo de Melilla GOOGLE MAPS
photo_camera IES Leopoldo Queipo de Melilla GOOGLE MAPS

Catro alumnos de 1º de Eso do IES Leopoldo Queipo de Melilla foron denunciados por un delito de abuso sexual por realizar tocamentos a unha compañeira de clase nun aseo do centro, e abrir un expediente disciplinario, polo que foron expulsados de xeito temporal. Fontes educativas informaron de que os feitos ocorreron o pasado martes día 5, cando dous profesores de garda que vixiaban no patio do recreo sospeitaron dun alumno que estaba a vixiar a porta dos aseos, en cuxo interior había outros tres estudantes cunha compañeira de clase, que denunciou que lle fixeron "tocamentos" de carácter sexual.

De acordo coa declaración desta alumna, menor de idade, trataríase dun caso de abuso sexual de carácter grave cometido por estes estudantes, menores, aos que se lles incoou un expediente disciplinario, que é a medida máis severa a nivel educativo dentro dos centros. Unha persoa externa ao equipo directivo, sen relación cos menores implicados, encargarase deste expediente, que pode estar aberto ata trinta días, indicaron as fontes.