Descobren a primeira maqueta de David Bowie nunha paneira

Trátase da primeira gravación de estudo do cantante, quen por aquel entón era vocalista da banda The Konrads ►Será subastada en setembro por máis de 11.000 euros

David Bowie en un concierto.
photo_camera David Bowie nun concerto.

Omega Auctions poxará en setembro a primeira maqueta coñecida de David Bowie por un prezo inicial de 10.000 libras (ao redor de 11.202 euros), tras ser descuberta na casa de David Hadfield, exbatería do grupo The Konrads. 

Tal e como detallou a casa de poxas, trátase da primeira gravación en estudo de David Bowie (David Jones) con 16 anos e como vocalista principal para The Konrads. A cinta inédita é parte dun lote de recordos vendidos por Hadfield. "O noso axente, Eric Easton, que tamén levaba a The Rolling Stones, pediunos que gravásemos unha maqueta para poder conseguir unha audición en Decca Studios", explicou o propio Hadfield. Así, a principios de 1963, fixeron unha reserva nun pequeno estudo e gravaron varios temas escritos por Bowie e o guitarrista da banda. 

"Decidiramos que fariamos un par de instrumentais de guitarra e unha canción orixinal. David (Bowie) era a mellor persoa para cantar e dar a interpretación correcta. ¡Así que esta é a súa primeira gravación cantando fai 55 anos!", explicou. 

Ademais da cinta, a poxa en torno ao autor de Space Oddity inclúe cartas, facturas, formularios de reserva, fotografías e bosquexos promocionais. Bowie deixou a banda a finais dese ano e pasarían outros seis anos antes de que a súa carreira despegase. 

Comentarios