Detida en Murcia por intentar matar a anciá da que coidaba

A Garda Civil detivo á muller, de nacionalidade rusa, que pasará a disposición xudicial

Unha muller foi detida no municipio murciano de San Pedro del Pinatar como presunta autora dunha tentativa de homicidio á anciá á que coidaba, informaron este luns fontes da investigación.

Os feitos tiveron lugar na tarde deste domingo nun domicilio desta localidade costeira, en circunstancias que non transcenderon, cando a coidadora tratou de matar á anciá coa que convivía.

A Garda Civil detivo á acusada, de nacionalidade rusa, e este luns poraa a disposición xudicial en San Javier, informaron as fontes.