Detida unha segunda persoa pola morte de Fernando Lumbreras

O activista LGTB foi achado en decembro morto na súa casa de Valencia con signos de violencia

Fernando Lumbreras. TWITTER (@lambdavalencia)
photo_camera Fernando Lumbreras. TWITTER (\<sent\>lambdavalencia)

Axentes da Policía Nacional detiveron a unha segunda persoa pola súa suposta implicación no asasinato do activista LGTB Fernando Lumbrerasquen o pasado mes de decembro foi achado morto na súa casa de Valencia con evidentes signos de violencia.

Segundo indicaron a Efe fontes da investigación, ao parecer esta segunda persoa acompañou ao presunto asasino de Lumbreras ata o portal da vítima e quedaría en liberdade tras declarar no Xulgado de instrución valenciano que leva o caso.

O cadáver de Lumbreras de 60 anos e un dos primeiros coordinadores de Lambda na cidade de Valencia, foi atopado o pasado 5 de decembro coas mans atadas e con golpes por todo o corpo no seu domicilio da rúa de Julián Pena.

O pasado 17 de xaneiro a Policía detivo a un home pola morte de Lumbreras, e tras pasar a disposición xudicial ordenouse o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza.

Comentarios