Detido por acoso durante dous anos a unha xornalista do grupo Prisa

O home levaba dous anos enviándolle cartas e mensaxes a través de Twitter e incluso chegou a deixar obxectos no balcón da casa da vítima
Un coche da Policía Nacional. EP
photo_camera Un coche da Policía Nacional.EP

Os feitos remóntanse a 2017 cando o autor comezou a dirixirse de forma continua e insistente á vítima mediante o envío de misivas e mensaxes para manter un contacto con ela.

Xa en 2018, a actitude deste home deu un salto cualitativo e conseguiu deixar algúns obxectos, que as fontes consultadas non precisaron, no balcón da vivenda da xornalista. Pero ademais, seguía publicando numerosos comentarios en Twitter nos que chegaba a describir con detalle a indumentaria da xornalista e a citar os lugares nos que estivera a vítima.

Foi aínda máis lonxe e a diario permanecía nas inmediacións da casa da xornalista e en ocasións facía acto de presenza nalgún dos actos públicos nos que participaba a vítima, que se viu obrigada moitas veces a abandonar eses actos acompañada dos servizos de seguridade. O seu acoso chegou ata o punto de que en plena rúa e xunto ao domicilio da muller, gritaba para que puidese escoitalo.

A partir de entón, a xornalista empezou a temer pola súa integridade ante a fustrigación pertinaz do home, polo que o pasado 3 de agosto decidiu denunciar o caso na comisaría do Centro da capital. Os axentes da Policía iniciaron xestións e lograron pescudar que o acosador era un home de 44 anos, con antecedentes por roubo con violencia e lesións e con domicilio en Madrid. Finalmente, poucos días despois foi detido polo Equipo de Delitos contra as Persoas da citada comisaría.

A autoridade xudicial decretou unha orde de afastamento contra o detido, que non poderá aproximarse á vítima a menos de 500 metros nin comunicarse con ela en ningún caso.

Comentarios