Detido un adolescente por abusar sexualmente de seis anciás

O mozo, de 16 anos, agrediunas en portais e lugares escuros

Os Mossos d'Esquadra detiveron este venres ás 20.00 horas a un adolescente de 16 anos de idade denunciado por agredir e abusar sexualmente a seis mulleres ao redor dos 80 anos de idade en Olot (Xirona). 

Segundo informou o corpo policial a Europa Press, as agresións producíronse entre o 7 de agosto e o 10 de outubro en lugares escuros e portais da cidade. 

Durante tres meses, os Mossos recibiron denuncias de seis mulleres de idade avanzada que describían con trazos coincidentes ao autor como un home novo, ao que a policía identificou tras unha investigación. 

As denunciantes explicaron ao corpo policial que foron vítimas de tocamentos e que o mozo aproveitaba lugares apartados para masturbarse enfronte delas. 

O mozo, ao que ningunha das mulleres coñecía, pasará o luns a disposición da Fiscalía de Menores.