Detido por apuñalar ata a morte á súa parella en Granada

O home, de 49 anos, foi detido ► A vítima tiña 39

Unha muller de 39 anos morreu este martes en Maracena (Granada) apuñalada presuntamente pola súa parella, un home de 49 anos que foi detido.

Segundo informaron a Efe fontes da Garda Civil, o suceso ocorreu sobre as 10.20 horas no domicilio da muller. O Concello de Maracena sinalou que vítima e agresor xa non eran parella.

Cando os axentes chegaron á vivenda, tras recibir o aviso de que algo estaba a ocorrer, acharon á muller no medio dun charco de sangue, xunto ao home, que foi detido.

A Garda Civil informou de que non constan denuncias previas por malos tratos entre a parella, e, segundo fontes municipais, a muller non solicitara axuda no centro social. O Concello convocou un minuto de silencio este mediodía en repulsa polo asasinato.