Detido un camareiro por agredir sexualmente a un transexual nun bar de Vitoria

Ambos se atopaban dentro do local cando o home o atacou supostamente baixo intimidación e ameazas

 

Un camareiro de 31 anos foi detido acusado de agredir sexualmente a un transexual nun local de hostalería situado no barrio vitoriano de Zaramaga.

Segundo informou este mércores o Departamento vasco de Seguridade, o suceso tivo lugar pasadas as dúas da madrugada do martes, cando a vítima quedou a soas co camareiro no interior do establecemento tras saír do lugar os últimos clientes.

Foi entón cando o home cometeu supostamente a agresión sexual baixo intimidación e ameazas contra a integridade do transexual.

Tras abandonar o bar, a vítima presentou unha denuncia ante a Ertzaintza, que iniciou as correspondentes investigacións, e foi trasladada a un hospital da capital alavesa para ser asistida por un médico forense.

Grazas á investigación levada a cabo, os axentes da Policía vasca detiveron a mañá do martes ao presunto autor da agresión sexual que pasou este mércores a disposición xudicial.

Comentarios