Unha muller foi asasinada este luns presuntamente polo seu marido, que se atopa detido, no barrio dos Pajarillos de Valladolid, segundo informaron a Efe fontes da Delegación do Goberno de Castela e León.
A muller foi achada morta na rúa despois de que, supostamente, o seu marido a tirase desde a fiestra da vivenda na que residen, que se atopa nun terceiro piso.