Detido un menor por agredir a súa nai por non deixalo saír en bicicleta

Os axentes atopáronse á vítima tombada no corredor e son poder moverse

Violencia. Malos tratos. EP

Axentes da Policía Local de Xixón detiveron este luns un menor de 15 anos logo de supostamente agredir a súa nai por non deixalo saír en bicicleta.  Segundo unha nota de prensa do Concello xixonés, a Policía recibiu unha chamada sobre as 14.51 horas, na que se alertaba da agresión e de que a muller se atopaba no chan sen poder moverse. 

Ata o lugar desprazouse unha patrulla, onde atopou á vítima tombada no corredor, sendo asistida por persoal médico. A muller indicou que o seu fillo, ao que lle prohibiu saír en bicicleta á rúa, empuxouna violentamente, facéndoa caer o chan, e golpeou na zona lumbar, non podendo levantarse. 

Así mesmo, explicou que o mozo tiña graves problemas de comportamento e condutas agresivas. O menor foi localizado no portal do domicilio e procederon á súa detención. Este, no entanto, asegurou que só foi unha discusión e que non chegou a agredila.