Detido grazas a unha proba de ADN o sospeitoso de matar a unha nena fai 45 anos

James Alan Neal, de 72 anos, foi arrestado en Colorado

Autoridades estadounienses anunciaron este mércores o arresto dun sospeitoso do asasinato dunha nena no sur de California ocorrido fai máis de 45 anos tras os resultados dunha proba de ADN.

James Alan Neal, de 72 anos, foi detido en Colorado polo asasinato de Linda Ann O'Keefe, de 11 anos, desaparecida o 6 de xullo de 1973 e cuxo corpo sen vida foi atopado á mañá seguinte, informaron as autoridades.

O'Keefe, que segundo o informe forense morreu estrangulada, fora vista por última vez cando regresaba á súa casa da escola de verán. Unha testemuña dixo habela visto preto dunha camioneta falando cun home.

O fiscal de distrito do Condado de Orange, Todd Spitzer, declarou en conferencia de prensa este mércores que unha mostra de ADN que se recuperou do vestido da vítima serviu para dar coa pista do sospeitoso.

En xullo pasado, a Policía iniciou unha campaña pública na que difundiu vídeos e fotos da escena do crime, así como bosquexos de como sería o sospeitoso. "Os detectives estaban a utilizar todos os medios dispoñibles para solucionar o caso e recibiron unha pista a través do ADN genealógico, unha tecnoloxía que non existía" cando se cometeu o crime, dixo Spitzer.

A información resultante levou a identificar como posible sospeitoso a Neal, a quen as autoridades vixiaron varias semanas e puideron obter mostras de ADN que coincidiron coas recuperadas do corpo da vítima.

Neal viviu no Condado de Orange na década de 1970 co nome de James Alan George Layton, pero logo cambio de identidade por un problema que tivo en Florida, segundo informouse este mércores.