miércoles. 05.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 05.08.2020
El tiempo

O dono da firma de moda Bestseller perde 3 fillos nos ataques de Sri Lanka

Anders Holch Povlsen. EFE
Anders Holch Povlsen. EFE

Posúe marcas como Only, Vero Moda e Jack&Jones

Os tres daneses mortos nos atentados do domingo en Sri Lanka, nos que faleceron 290 persoas, son fillos de Anders Holch Povlsen, dono da firma de moda Bestseller e un dos homes máis ricos de Dinamarca, confirmou este luns a compañía.

"Por desgraza podemos confirmar que é certo. Pedimos respecto á vida privada da familia. Non faremos máis comentarios", sinalou a firma danesa nun comunicado enviado a varios medios, entre eles a canle "TV2".

Bestseller, propiedade da familia Holch Poulsen, posúe marcas como Only, Vero Moda e Jack&Jones, ademais de contar cunha rede de 2.700 tendas e presenza en máis de 15.000 establecementos multimarca en Europa, América, Oriente Medio, Australia e India.

A compañía danesa ten así mesmo importantes participacións en dous xigantes da venda de moda a través de internet, como a británica Asos e a alemá Zalando.

As autoridades danesas confirmaron o domingo que había tres nacionais entre as vítimas da serie de atentados que golpearon tres igrexas durante as celebracións do Domingo de Resurrección, ademais de catro hoteis e un complexo residencial.

Segundo informaron este luns fontes oficiais en Colombo a Efe polo menos 290 persoas morreron e outras 500 resultaron feridas nuns ataques nos que foron detidas 24 persoas ata agora, aínda que ningún individuo nin grupo armado asumiu a autoría.

A Policía de Sri Lanka estimou que entre os falecidos hai polo menos 32 estranxeiros e outros 30 máis están hospitalizados.

O dono da firma de moda Bestseller perde 3 fillos nos ataques de...
comentarios