Ecuador treme cun terremoto de magnitude 5,7

O sismo afectou á zona salvática do país na fronteira con Perú

Un terremoto de magnitude 5,7 na escala de Richter rexistrouse este mércores na zona selvática de Ecuador, fronteiriza con Perú, segundo o Instituto Geofísico da Escola Politécnica Nacional.

Segundo dixo a Efe o técnico dese centro Mario Ruiz, o sismo tivo lugar na zona limítrofe suroriental de Ecuador ás 11.23 hora local (16.23 GMT).

O movemento, de acordo co Instituto Geofísico, ocorreu a 3,19 graos de latitude sur e a 75,75 graos de lonxitude oeste e a 280,07 quilómetros da cidade de Macas, capital da provincia de Morona Santiago.

O tremor "non ten ningunha vinculación" cos rexistrados nas últimas horas noutros países da zona, indicou o técnico.

"é un sismo parecido ao que ocorreu este martes en Venezuela porque son relativamente profundos, pois este ocorreu a uns 135 quilómetros de profundidade", apuntou a fonte, ao agregar que estes movementos telúricos xeralmente teñen poucas ou ningunha réplica.

Insistiu en que o terremoto sentido na provincia de Morona Santiago rexistrouse nunha "zona totalmente selvática, non hai poboacións. Normalmente estes sismos non teñen capacidade de causar danos na superficie". 

Comentarios