Enrique Ponce recibe a alta hospitalaria

O toureiro foi operado dun xeonllo tras sufrir unha grave lesión o luns 18 de marzo

El torero Enrique Ponce. EFE
photo_camera O toureiro Enrique Ponce. EFE

O toureiro Enrique Ponce foi dado de alta este mércores no Hospital Nisa el Pardo de Aravaca (Madrid) logo dunha semana ingresado tras a intervención á que foi sometido do xeonllo esquerdo, segundo informaron a Efe fontes da cuadrilla do destro valenciano.

Ponce abandonou a clínica acompañado da súa muller, Paloma de las Cuevas, e o seu sogro, Victoriano Valencia, e fíxoo axudado de dúas muletas, pois aínda non pode apoiar a perna esquerda debido á grave lesión que padeceu tras ser volteado o pasado luns, 18 de marzo, mentres toureaba en Valencia.

Froito daquel contratempo, Ponce rompeu os ligamentos cruzado anterior e lateral interno do xeonllo esquerdo, os dous meniscos e a meseta tibial, ademais de sufrir tamén unha cornada no glúteo dereito e a fractura dunha costela.

O valenciano, que foi intervido polo prestixioso traumatólogo Ángel Villamor, seguirá a recuperación no seu domicilio de Madrid con vistas a reaparecer antes de que acabe a tempada.

"Se todo vai ben, en cinco ou seis meses estará xa preparado para volver ás areas. Polo momento, pediu que lle pechen as corridas das feiras do mes de agosto. Está a desexar empezar xa a traballar a perna lesionada para volver igual ou máis forte que antes", conclúen as fontes.