Erdogan: "O salvaxe asasinato de Khashoggi foi planificado"

Localizarían restos do cadáver "descortizado" do xornalista saudita, segundo informa Sky News

Recep Tayyip Erdogan. EFE
photo_camera Recep Tayyip Erdogan. EFE

O presidente de Turquía, Recep Tayyip Erdogan, afirmou este luns que o "salvaxe asasinato" do xornalista saudita Jamal Khashoggi no consulado do seu país en Istambul foi "planificado", prometeu que Ankara chegará ao fondo do sucedido e propuxo que se xulguen en Turquía a todos os implicados.

"O asasinato do xornalista saudita Jamal Khashoggi foi premeditado", declarou Erdogan nun discurso no Parlamento en Ankara.

"Está claro que esta operación non ocorreu por casualidade, senón que foi froito dunha planificación. Temos fortes indicios neste sentido", subliñou.

O mandatario sinalou que a investigación das autoridades turcas continúa e pediu que os 18 cidadáns detidos en Arabia Saudita en relación co asasinato sexan xulgados en Turquía.

"Fago unha chamamento ao rei Salmán para que estas persoas sexan xulgadas en Istambul", afirmou Erdogan. "O asasinato puido ocorrer no consulado, oficialmente territorio saudita, pero está no noso país. Non pode ser ocultado pola inmunidade diplomática", declarou.

O mandatario describiu detalles da investigación turca que ata agora habían aparecido na prensa como filtracións anónimas, pondo o acento en que foi un acto premeditado.

Erdogan confirmou que Khashoggi non abandonou o consulado e que a investigación policial esténdese a un bosque no noroeste da cidade e ao municipio de Yalova, nunha provincia lindeira a Istambul.

Erdogan: Ocultar semellante atrocidade danaría a conciencia de toda a humanidade

"A información e evidencias que temos indican que Jamal Khashoggi foi vítima dun salvaxe asasinato. Ocultar semellante atrocidade danaría a conciencia de toda a humanidade", declarou o presidente turco. E engadiu: "Esperamos a mesma sensibilidade de todos os implicados, especialmente da administración de Arabia Saudita".

O líder turco tamén criticou a lentitude da investigación do asasinato debido á tardanza dos permisos de Riad que as autoridades turcas necesitan para poder acceder ás dependencias do consulado, baixo inmunidade diplomática.

Aínda que o presidente turco dixo que non dubidaba do rei saudita Salman bin Abdelaziz, propuxo: "Unha investigación tan crítica debe realizala unha delegación que sexa xusta e verdadeiramente imparcial, e que non teña o mínimo vínculo co sucedido".

Ademais, pediu ás autoridades sauditas que revelen onde está o cadáver do xornalista e esixiu saber quen deu as ordes do crime.

"Por que se reúnen 15 persoas (sauditas) en Istambul o día do crime, de quen reciben ordes esas persoas, por que non se permite rexistrar o consulado de inmediato, senón días despois, por que se fan declaracións insostibles sobre o asasinato, por que non hai un cadáver ata agora", preguntou Erdogan.

Todos, desde quen ordenou o asasinato ata o executor, deben responder para tranquilizar a conciencia da humanidade

"Todos, desde quen ordenou o asasinato ata o executor, deben responder para tranquilizar a conciencia da humanidade", engadiu.

O presidente turco apelou ao rei saudita para pedir que se revele á identidade do suposto "colaborador local" que axudou, segundo a versión de Riad, ás autoridades consulares a desfacerse do cadáver de Khashoggi. "Se é certo o que din de que entregaron o corpo a un colaborador local, ¿quen é ese colaborador? Estás obrigado a revelar a súa identidade", dixo Erdogan.

CADÁVER. Localizarían restos do cadáver "descortizado" de Jamal Khashogg, segundo informa a cadea británica Sky News. O medio, que non concreta as súas fontes, engadiu que a cara de Khashoggi foi "desfigurada" polos seus verdugos.

Os restos, segundo a cadea, serían achados no xardín da residencia do cónsul saudita, Mohamed Otaibi, quen regresou a Riad o 16 de outubro, un día antes de que equipos turcos a rexistrasen,

Comentarios