Espinar colle unha baixa de cinco semanas polo nacemento do seu fillo

O portavoz de Unidos Podemos no Senado foi pai este luns

Ramón Espinar. EFE
photo_camera Ramón Espinar. EFE

O portavoz de Unidos Podemos no Senado, Ramón Espinar, non participará na actividade parlamentaria da Cámara durante as próximas cinco semanas tras o nacemento este luns do seu primeiro fillo, ao acollerse a unha baixa de paternidade, explicou a portavoz adxunta do grupo, Maribel Mora.

O alumeamento do fillo de Espinar coincidiu coa alta médica que este luns recibiron os dous fillos do líder do seu partido, Pablo Iglesias, e da portavoz de Unidos Podemos no Congreso, Irene Montero, tras permanecer máis de tres meses hospitalizados debido ao seu nacemento prematuro.

Iglesias xa anunciou que ía repartir o seu permiso de paternidade ao 50 por cento con Montero.

Pola súa banda, o coordinador federal de IU, Alberto Garzón, está a gozar das cinco semanas de permiso ás que se acolleu tras o nacemento da súa primeira filla, o pasado 7 de setembro.

Comentarios