O portavoz de Vox no Congreso dos Deputados, Iván Espinosa de los Monteros, sufriu un accidente de motocicleta nunha estrada de Cantabria no que resultou ferido leve.
A través dunha mensaxe na súa conta de Telegram, recollido por Europa Press, o deputado confirmou que tivo un "pequeno accidente de moto sen maiores consecuencias", do que se está recuperando "sen novidade".
Así, sinalou que "non quere que se xere alarma innecesariamente" e aclarou que "para a 'volta ao cole'", en referencia ao seu regreso ao traballo no Congreso dos Deputados, estará "a lume de biqueira, como sempre".