O ex director xeral da Garda Civil Joan Mesquida morre aos 57 anos

O que tamén fora director xeral da Policía Nacional falece como consecuencia dun cancro
Joan Mesquida. EFE
photo_camera Joan Mesquida. EFE

O ex director xeral da Garda Civil e da Policía Nacional Joan Mesquida morreu este luns aos 57 anos como consecuencia dun cancro, segundo indicou o Instituto Armado na súa conta oficial de Twitter. 

Mesquida foi tamén secretario de Estado de Turismo e conselleiro de Facenda e Orzamentos das Illas Baleares, así como director xeneral de Infraestruturas do Ministerio de Defensa. 

Exerceu de director xeral da Garda Civil entre abril de 2006 e setembro de 2006 e como director xeral do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil desde setembro de 2006 ao 18 de abril de 2008. 

Comentarios