Extirpan ao Rei Juan Carlos un tumor cutáneo consecuencia da súa exposición ao sol

A lesión quedou totalmente curada

O Rei Juan Carlos someteuse á extirpación preventiva dun tumor cutáneo que tiña como consecuencia da súa exposición ao sol, unha lesión que está xa totalmente curada, segundo confirmaron fontes da Casa do Rei. 

O ex xefe de Estado chamou a atención polo seu aspecto o pasado 22 de marzo, cando acudiu á presentación dos carteis da Feira de San Isidro cun hematoma baixo o ollo esquerdo, que se atribuíu a unha intervención recente. 

No entanto, as fontes non detallaron cando tivo lugar esta extirpación "preventiva" e só sinalaron que, con esta, a lesión quedou totalmente curada.  A última vez que o Rei Juan Carlos pasara polo quirófano foi o 7 de abril de 2018, para que se lle remplazase a prótese do xeonllo dereito. 

Comentarios