Extirpan un testículo a un ferido presuntamente por unha bala dos Mossos d'Escuadra

O mozo sufriu un traumatismo na zona escrotal durante os altercados en Barcelona pola celebración do Consello de Ministros

Mossos d'Esquadra reducen a un simpatizante independentista. ENRIC FONTCUBERTA
photo_camera Mossos d'Esquadra reducen a un simpatizante independentista. ENRIC FONTCUBERTA

Un mozo presuntamente ferido nos altercados deste venres en Barcelona nas protestas pola celebración do Consello de Ministros está ingresado no Hospital Vall d'Hebron, onde lle extirparon un testículo tras un traumatismo na zona escrotal, que asegura lle causou un proxectil de foam, os substitutos das balas de goma que usan os Mossos d'Escuadra.

Fontes do hospital confirmaron que o mozo foi sometido a unha intervención para extirparlle un testículo tras ingresar o venres, procedente de Mutua de Terrassa, cun forte impacto na zona escrotal. Os médicos, que non poden certificar a causa do traumatismo, tivérono que intervir e a súa evolución é favorable, polo que podería recibir o alta hospitalaria este mesmo domingo, informaron as mesmas fontes.

Os proxectís de foam son os substitutos das balas de goma que utilizan os Mossos d'Esquadra, despois de que o Parlament acordase prohibir o uso deste elemento antidisturbios tras as feridas oculares graves que deixaron sen visión a varias persoas que recibiron impactos de pelotas de goma. 

Comentarios