FaceApp, a aplicación de moda, queda coa túa cara

A letra pequena asegura que ten o dereito de usar a información persoal dos usuarios e as fotos que fagan con fins comerciais

Luis Fonsi, tras usar FaceApp. INSTAGRAM
photo_camera Luís Fonsi, tras usar FaceApp. INSTAGRAM

A aplicación de móbil FaceApp, responsable dos millóns de caras de persoas maiores que invadiron as redes sociais estes últimos días, recolle na letra pequena que tamén ten o dereito de usar a información persoal dos usuarios e as fotos que fagan con fins comerciais.

O usuario de Twitter Elisabeth Potts Weinstein detectou que ao asinar os termos e condicións da aplicación de edición de fotos, o usuario está a ceder o dereito a FaceApp a empregar as súas fotos, nome, voz e identidade con fins comerciais. FaceApp é unha aplicación gratuíta que edita as fotos con filtros que transforman o rostro da imaxe. O software permite facer que os rostros parezan maiores, máis novos, doutro sexo ou incluso engadir unha barba do xeito máis realista.

Segundo indican os termos e condicións da aplicación, ao aceptar as condicións "FaceApp posúe unha licenza con dereito de sublicencia transferible, perpetua, irrevogable, non exclusiva, libre de regalías, mundial, totalmente paga, para usar, reproducir, modificar, adaptar, publicar, traducir, crear traballos derivados, distribuír, executar publicamente e mostrar o seu Contido de usuario e calquera nome, nome de usuario ou imaxe proporcionada en relación co seu Contido de usuario en todos os formatos e canles de medios coñecidos ou desenvolvidos posteriormente, sen compensación para vostede".

Outro aspecto polémico dos termos é que indican que poderían transferir os datos dun Estado a outro para rexerse pola xurisdición de protección de datos doutro país, e que esta colección de datos sexa legal. Na política de privacidade avisan de que "se se atopa na Unión Europea ou outras rexións con leis que rexen a recompilación e o uso de datos que poden diferir das leis de Estados Unidos. Teña en conta que podemos transferir información, incluída información persoal, a un país e xurisdición que non teña a mesmas as leis como a súa xurisdición en relación a protección de datos".

Comentarios