Hacienda reclama 2,1 millóns de euros a Mario Vargas Llosa

O escritor tivo que pedir unha hipoteca privada e puxo como aval a súa casa de Madrid

El escritor peruano Mario Vargas Llosa. EFE
photo_camera O escritor peruano Mario Vargas Llosa. EFE

O Ministerio de Hacienda reclama 2,1 millóns de euros ao escritor Mario Vargas Llosa. Segundo publica Vanitatis, o premio Nobel ten unha débeda coa Dependencia Rexional de Recadación Especial de Madrid da Axencia Estatal da Administración Tributaria.

Vargas Llosa recibiu a notificación cando estaba de vacacións nas Maldivas xunto á súa parella, Isabel Preysler, e, aínda que non estaba de acordo coa reclamación, os seus avogados aconselláronlle manter a débeda suspendida e pleitear con Hacienda pola vía administrativa. Para iso, o escritor tivo que pedir unha hipoteca privada co fisco pola cantidade que se lle reclama e puxo como aval a súa casa de Madrid.

Segundo indica Vanitais, o inmoble, de 280 metros e situado no centro da cidade, non está a nome do peruano, senón que é propiedade da sociedade holandesa Jurema BV, da que Vargas Llosa é o máximo accionista.

Comentarios