Falece o surfeiro rescatado na Praia de Requibelo, en Arteixo

Perdía a vida pouco despois de ser retirado da auga

O surfeiro rescatado este luns na praia de Requibelo, no municipio coruñés de Arteixo, faleceu pouco despois de ser retirado da auga, segundo informan fontes dos servizos de urxencias.

O rescate do deportista foi efectuado por compañeiros seus que nese momento atopábanse practicando surf na mesma praia e, posteriormente, foi trasladado en ambulancia a un hospital coruñés.

O surfeiro foi avistado cara ao mediodía nunha zona na que se rexistraba nese momento moita corrente e os seus compañeiros tiveron moitas dificultades para proceder a rescatalo e sacalo da auga.