O debate sobre a investidura e o papel de EH Bildu non se limitou ao Congreso. A través das redes puidéronse coñecer moitas opinións, incluídas varias —e variadas— de familiares de vítimas de Eta.
José María Múgica, fillo do dirixente socialista Fernando Múgica, asasinado por Eta en 1996, criticou ao presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, por querer alcanzar a investidura coa abstención de EH Bildu. "Produce unha náusea infinita", sinalou.
La carta que José María Múgica ha mandado hoy a Pedro Sánchez: “Que usted pretenda alcanzar la investidura con la ayuda del fascismo que nos asesinó en el País Vasco, produce una náusea infinita y un profundo desprecio”. pic.twitter.com/GYF2GiLBsh
— Pablo Casado Blanco (@pablocasado_) January 5, 2020
Nunha carta dirixida ao candidato socialista á presidencia do Goberno, e que foi difundida en Twitter polo presidente do PP, Pablo Casado, José María Múgica asegura seguir "con atención" as intervencións de Sánchez no debate de investidura deste domingo relacionadas coa memoria histórica. Nese sentido, atribúe ao presidente en funcións unha falta de memoria histórica, á vez que relata a súa e a da súa familia: "Ignoro cal sexa a súa memoria histórica, se é que a ten. Verá, contareille a miña, é sinxela".
"A parte europea da miña familia foi asasinada o nazismo en Auschwitz. Aquí, en terra española, a parte vasca —e socialista— da miña familia foi asasinada en dous tempos: o primeiro, durante a criminal represión franquista na guerra civil; o segundo, a mans do terrorismo etarra. Xa ve, sempre a mesma peste fascista —tivese a etiqueta que tivese— asasinounos", narra Múgica.
"Agora, que pretenda vostede alcanzar a investidura coa axuda do fascismo que nos asasinou no País Vasco, produce unha náusea infinita. E un profundo desprezo", lamentou Múgica, que solicitou hai un ano a súa baixa da militancia do PSOE-EE tras publicarse unha foto da líder, Idoia Mendia, xunto ao abertzale Arnaldo Otegi.
Múgica non foi, con todo, o único familiar de vítimas de Eta que se manifestou nas redes, onde se divulgaron opinións diferentes. Unha é a de María Jauregi —filla do exgobernador civil de Gipuzkoa Juan María Jauregi, asasinado por Eta en 2000—, quen asegura que o seu "aita estaría feliz porque Eta non existe", porque haberá un Goberno de esquerdas e porque defendía o diálogo.
Maniféstase así na mesma liña que Josu Elespe, fillo de Froilán Elespe, edil do PSE-EE de Lasarte asasinado por Eta en 2001.Mi aita también estaría feliz @pablocasado_ :
— Maria Jauregi (@MJauregiLasa) January 4, 2020
1. Porque ETA no existe 2. Porque vamos a tener un gobierno de izquierdas 3. Porque era un firme defensor del diálogo https://t.co/nOrRWmpCkh