sábado. 27.11.2021 |
El tiempo
sábado. 27.11.2021
El tiempo

A Fiscalía pide once anos de cárcere para Sandro Rosell

Sandro Rosell. ARCHIVO
Sandro Rosell. ARQUIVO

O expresidente do Fútbol Club Barcelona está acusado de branqueo de capitais ► Solicítanlle, ademais, o pago dunha multa de 59 millóns de euros

A Fiscalía da Audiencia Nacional pide once anos de prisión para o expresidente do Fútbol Club Barcelona Sandro Rosell polos delitos de branqueo de capitais e organización criminal e multa de 59 millóns de euros por integrar presuntamente unha rede a través da cal se apropiaron fondos da Confederación Brasileira de Fútbol (CFB). 

De acordo co escrito do Ministerio Público, as seis persoas implicadas nesta investigación crearon un armazón que se lucrou de fondos irregulares da CFB polos dereitos de retransmisión dos partidos da súa selección, así como de cantidades procedentes do contrato de patrocinio da firma Nike coa selección de fútbol do país suramericano. A cantidade branqueada con estas operacións ascendería a 19.972.612 euros. 

A fiscal do caso, María Antonia Sanz, pide para todos eles penas que van entre seis e once anos de cárcere por estes delitos, como é o caso do socio de Rosell, Joan Besolí, que se enfronta a dez anos de prisión e multa de 55 millóns de euros, ou da parella do principal acusado, Marta Pineda, para a que a fiscal pide sete anos de prisión e multa de 50 millóns. 

As seis persoas implicadas nesta investigación crearon un armazón que se lucrou de fondos irregulares da CFB polos dereitos de retransmisión dos partidos da súa selección

O escrito relata que todos eles, procesados pola maxistrada da Audiencia Nacional Carmen Lamela o pasado mes de xuño, valéronse de entidades, moitas delas "offshore", para ocultar cantidades obtidas de xeito ilícito polo expresidente da confederación brasileira Ricardo Terra Teixera. 

O que fora socio de Rosell no país latinoamericano, Teixeira, participou neste armazón conseguindo que a asociación deportiva que presidiu entre 1989 e 2012 asinase contratos de compravenda dos dereitos audiovisuais da Selección Nacional de Fútbol de Brasil en favor da sociedade International Sports Events (ISE), radicada nun paraíso fiscal. 

A Fiscalía pide once anos de cárcere para Sandro Rosell