Fortes comparte en Twitter a divertida pillada a un cámara de TVE

O imprevisto ocorreu este xoves durante un directo en 'Los Desayunos de TVE'
Xabier Fortes. TWITTER
photo_camera Xabier Fortes. TWITTER

O programa Los Desayunos de TVE viviu este xoves unha desas 'cousas do directo'. O divertido momento ocorreu cando Xabier Fortes daba paso aos seus compañeiros desprazados no cárcere de Brieva, en Ávila, lugar do que ía saír Iñaki Urdangarin para cumprir os seus labores de voluntariado.

Tras facer a debida presentación, picouse a imaxe da porta da prisión e pillouse a un traballador de TVE limpando o obxectivo da cámara. "Cremos que aínda non saíu Iñaki Urdangarin...Bueno, o que vemos é a un compañeiro que está a sacar brillo ao obxectivo", dixo entre risas o xornalista pontevedrés.

Él mesmo decidiu compartir o hilarante imprevisto na súa conta de Twitter. 

Comentarios