Gaña 18 millóns do Sorteo de Nadal tras comprar 36 series do terceiro premio 

O home encargou o 00750 nun estanco de Mollerussa
00750, o número agraciado co terceiro premio da Lotería de Nadal. EFE
photo_camera 00750, o número agraciado co terceiro premio da Lotería de Nadal. EFE

Un home gañou 18 millóns de euros no Sorteo Extraordinario de Nadal deste domingo 22 de decembro ao comprar 36 series do terceiro premio, o 00750, un número que pediu nun estanco da rúa Jacint Verdaguer de Mollerussa (Lleida). 

O dono do estanco, Josep Salou, explicou a Europa Prees que non coñece ao home que lle pediu ese número: "Unha petición fóra de serie que puidemos conseguir", manifestou. 

"Díxome que se saía ese número poríase contenta a familia", afirmou o propietario do estaco, que confesou que lle estrañou que pedise tanto diñeiro dun mesmo número. 

O dono do estanco contou que hai uns anos, en 2014, o seu estanco tamén repartiu décimos dun segundo premio da Lotería de Nadal. 

Do mesmo número, 00750, a administración de lotería de Sort (Lleida), a Bruixa d'Or vendeu dúas series, un millón de euros. 

Comentarios