A Garda Civil confirmou con probas as torturas do galego Iván Pardo á pequena Naiara

O investigador ratificou no xuízo pola morte da nena que as súas curmás "non inventaron nada" no seu relato dos malos tratos
Iván Pardo, durante el juicio. EFE
photo_camera Iván Pardo, durante o xuízo. EFE

O oficial da Policía Xudicial que dirixiu a operación pola morte da pequena Naiara en Sabiñánigo (Huesca) en xullo de 2017 confirmou que todas as torturas que supostamente lle inflixiu o lucense Iván Pardo, tío político da nena, e que relataron as súas curmás menores foron logo confirmadas con probas atopadas no domicilio onde sucederon os feitos. 

Así o expuxo este venres no xuízo que se segue na Audiencia Provincial de Huesca polo asasinato de Naiara, de 8 anos, que morreu no hospital tras as agresións do seu tío político por non saber a lección. 

O oficial tomou declaración ás curmás de Naiara, que estaban presentes o 6 de xullo de 2017 no domicilio. Esa era a casa do acusado e da nai deste, Nieves Pardo, quen tamén está procesada por un delito de omisión con resultado de asasinato, do mesmo xeito que Carlos Pardo, o seu outro fillo e padrasto da vítima. 

Este axente relatou que cando o alertaron dos feitos visitou a nena no hospital, e alí xa comprobou que as importantes feridas que presentaba por todo o corpo eran incompatibles coa versión que nun primeiro momento deu a familia, incluídas as súas curmás, que dixo que Naiara caera polas escaleiras

O médico que atendeu a Naiara no hospital no que faleceu detectou lesións anteriores na nena

Determinouse, xa que logo, que o caso tiña unha "etioloxía criminal" que coincidiu co manifestado a outro axente que tomou declaración ao médico que atendeu a nena no Hospital Infantil de Zaragoza e que tamén declarou no xuízo este venres. Ese médico, ademais, relatou ao axente que Naiara tiña lesións antigas compatibles con malos tratos anteriores

O responsable da investigación explicou que na primeira declaración que se tomou ás primas da menor estas foron vagas", asegurando que a pequena se esvaecera sen contar por que e que entre elas e o acusado intentaron reanimala. 

A nai do home, pola súa banda, si que lle dixo que a nena levaba dous días sen durmir como castigo por non estudar e que quen estaba ao seu cargo nese momento era o seu fillo Iván, o que conduciu á súa detención. Estivo en todo momento, segundo o axente que o custodiou, "normal, tranquilo, coma se non pasase nada". 

Nese momento, as nenas mostraron o seu desexo de volver declarar, e xa entón contaron as torturas ás que Iván Pardo someteu a Naiara. "Non inventaron nada", afirmou, porque o que explicaron foi logo confirmado con probas. "Descubrimos con pelos e detalles como sucederon os feitos, este macabro episodio de strong <>violencia física e psíquica", dixo. 

"Descubrimos con pelos e detalles como sucederon os feitos", dixo o investigador

Entre outras cousas, a raqueta metálica que usou para darlle descargas eléctricas, o calcetín que lle meteu na boca e o cinto que usou para amordazala, os grilletes cos que lle atou as mans e os pés, grava miúda sobre a que lle obrigou a axeonllarse, roupas ensanguentadas e o amoníaco que utilizou para intentar facela volver en si cando se esvaeceu. 

Tamén falou de mensaxes, fotos e vídeos que se atoparon nos teléfonos de varios membros da familia, nos que se ve a Naiara axeonllada sobre sal con orellas de burro ou cun cueiro, ou nos que Iván lle di ao seu padrasto que a nena era "masoca". Nalgúns dos vídeos ou fotos —dixo— pódese identificar a Iván ou a nai do home. 

O xuízo continuará o luns coas probas periciais e as declaracións dos médicos que atenderon a pequena e dos forenses que realizaron a autopsia e outras análises á nena.