Girauta anuncia que se retira: "Eu, sen Rivera, tampouco quero estar en política"

O exportavoz parlamentario de Ciudadanos quedou sen escano
Juan Carlos Girauta. AEP
photo_camera Juan Carlos Girauta. AEP

O exportavoz parlamentario laranxa Juan Carlos Girauta anunciou este luns que se retira porque, segundo afirmou, non quere "estar en política" sen o ata este luns presidente de Ciudadanos Albert Rivera

"Esmagouse a un home bo e eu non quero estar aí despois diso", apuntou Girauta nunha entrevista en esRadio, recollida por Europa Press. 

O candidato número un de Ciudadanos pola provincia de Toledo ao Congreso dos Deputados e exportavoz na Cámara Baixa, Juan Carlos Girauta, quedou sen escano tras os comicios celebrados este mesmo domingo. 

Comentarios