O Goberno anuncia unha queixa ao Vaticano por "inxerencia" na exhumación de Franco

Calvo lamenta as declaracións do nuncio, Renzo Fratini

El Valle de los Caídos, este domingo. EFE
photo_camera El Valle de los Caídos. EFE

A vicepresidenta do Goberno en funcións, Carmen Calvo, anunciou este luns que o Executivo porá unha queixa formal entre este luns e o martes ao Vaticano por unha "inxerencia" do nuncio en España na exhumación de Franco.

Nunha entrevista na Cadena SER, Calvo asegurou que o nuncio, Renzo Fratini, vai ter unha "resposta contundente" por unhas declaracións nas que acusou o Estado español de resucitar a Franco "por motivos ideolóxicos".

"O Estado Vaticano vai recibir unha queixa formal do Estado español por unha inxerencia desta natureza", aseverou Calvo, que censurou a Fratini, que "se moveu" nuns contidos "impropios de calquera legación diplomática".

Polo que asegurou que o Goberno porá unha queixa formal ao Vaticano "ao longo do día de hoxe, ou mañá como máis tarde". 

Comentarios