O Goberno apraza ao 1 de abril a ampliación das baixas por paternidade

Calvo xustifica o atraso na entrada en vigor na necesidade de conceder maior tempo ás empresas para a súa adaptación

A ampliación das baixas por paternidade entrará en vigor a partir do 1 de abril, segundo confirmou a vicepresidenta do Goberno Carmen Calvo, tras a publicación no Boletín Oficial do Estado do Real Decreto-Lei de medidas urxentes para garantir a igualdade entre mulleres e homes no emprego. 

O decreto entrará este venres, 8 de marzo en vigor, salvo o artigo 2; apartado tres do artigo 3; e apartados sete e oito do artigo 7 que o fará "o día primeiro do mes seguinte ao desu publicación". Dentro destes artigos figura a regulación das baixas por paternidade. 

Carmen Calvo xustificou, nunha entrevista en RNE, o atraso na entrada en vigor desta parte do decreto na necesidade de conceder maior tempo ás empresas para a súa adaptación. Foi a propia vicepresidenta a que anunciou o pasado venres que a ampliación das baixas por paternidade entraría en vigor o 5 de marzo, pero o goberno foi atrasando a publicación do decreto. Este mércores sinalou que non se publicou por un erro no texto que debía emendarse. 

Comentarios