O Goberno francés presenta a súa dimisión en bloque a Macron

A remodelación gobernamental dábase por feita desde a segunda volta das municipais
Macron, en una rueda de prensa frente a Notre Dame.PHILIPPE WOJAZER (Efe)
photo_camera Macron. PHILIPPE WOJAZER (Efe)

O primeiro ministro francés, Édouard Philippe, e o resto do Goberno presentaron este venres a súa dimisión ao presidente, Emmanuel Macron, que a aceptou, o que abre a porta a unha remodelación gobernamental.

Philippe e o actual equipo seguirán xestionando os asuntos correntes ata que se nomee un novo Executivo, indicou o Palacio do Elíseo nun comunicado.

A renuncia do primeiro ministro –a fórmula que se adoita empregar en Francia cando o presidente desexa un novo Goberno– non implica necesariamente que Philippe non poida recibir o encargo de seguir á fronte do Executivo, aínda que os medios franceses apuntan a que non continuará.

A remodelación gobernamental dábase por descontada tras a segunda volta das municipais do pasado domingo, pero a chegada do novo equipo pode atrasarse aínda varios días.

Philippe foi elixido nesas eleccións alcalde da súa cidade, a portuaria Le Havre, cargo que debería de asumir este sábado.

Macron, que admitiu que cambiaría o seu Goberno nunha entrevista publicada na prensa rexional, mantívose hermético no que se refire á sorte de Philippe.

O presidente manifestou en moitas ocasións que desexa dar un xiro máis social e ambiental á súa política para os dous anos que lle restan no poder antes das presidenciais previstas para a primavera de 2022.

O agora primeiro ministro en funcións pode dar un paso atrás e consagrarse á Alcaldía de Lle Havre, posto que ocupaba cando Macron o elixiu para dirixir o seu Executivo tras a súa vitoria nas presidenciais de 2017. 

Comentarios