lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

Hamilton: "A Fórmula 1 é un deporte para homes"

Hamilton en rueda de prensa tras el GP de Brasil
Hamilton . AEP

O piloto inglés realizou esta polémica afirmación en Montreal

"A Fórmula Un debería ser máis física, é un deporte para homes". O británico Lewis Hamilton realizaba esta polémica afirmación no circuíto Gilles Villeneuve de Montreal ao ser preguntado por como cría que se podería mellorar o espectáculo da F1.

"Faríaa máis dura para os pilotos. Éste é un deporte de homes. Moitos adolescentes chegan e resúltalles realmente fácil adaptarse á categoría, sen problemas", dixo o campión inglés, probablemente sen ser consciente do machismo que destilaban as súas palabras.

"Deberiamos acabar as carreiras coa sensación de estar tan exhaustos coma se acabásemos un maratón", engadiu o líder do Mundial.

Hamilton: "A Fórmula 1 é un deporte para homes"
comentarios