A incidencia acumulada en España baixa de 400 casos por cada 100.000 habitantes

O país sumou 512 falecidos e 25.886 novos casos durante a fin de semana
Dos sanitarios atienden a un paciente con coronavirus en un hospital madrileño. EFE
photo_camera Dous sanitarios atenden a un paciente con coronavirus nun hospital madrileño. EFE

España sumou 25.886 novos casos de covid e 512 falecidos durante o fin de semana, segundo os datos facilitados este luns polo ministerio español de Sanidade, que destaca que a transmisión do virus segue reducíndose no país, cunha incidencia acumulada que baixa dos 400 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, situándose en 374. 

De acordo a estas cifras oficiais, o número total de contagios pola covid-19 desde o inicio da pandemia en España alcanzan 1.582.616 e a de decesos 43.131. 

O descenso na incidencia do virus ten o seu reflexo na presión hospitalaria, onde se reducen lixeiramente as camas ocupadas en todo o país, o 14,26 %, e 17.695 pacientes permanecen ingresados, mentres que a ocupación da UCI sitúase no 29,98%, un punto porcentual menos que o venres. 

O presidente do Goberno español, o socialista Pedro Sánchez, xa adiantou este domingo a mellora no dato de incidencia acumulada por cada 100.000 habitantes, unha cifra que demostra a eficacia do estado de alarma en vigor e das medidas adoptadas polas comunidades autónoma españolas, dixo. 

Comentarios